Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2011

O próximo libro que leremos no Clube sera “O Club da Calceta” de María Reimóndez. A reunión será o 4 de abril no Canaletto co horario de sempre.

Este libro foi editado por Xerais no 2006. Foi traducido ao castelán no 2008 para a editorial Algaida.

O Club da Calceta

Narra a historia de seis mulleres moi diferentes entre si que acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde tomanconciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

A historia foi adaptada para a televisión en 2009 por Antón Dobao dentro do proxecto “Un mundo de historias” en coprodución galega e catalá. O estreno foi no teatro Jofre de Ferrol, cidade onde se rodou parte da película.

Tamén conta con adaptación teatral a cargo de Teatro do Morcego e baixo a dirección de Celso Parada.

O Club da Calceta, por Teatro do Morcego

Advertisements

Read Full Post »

En vista que no Clube nos estamos a especializar en libros sobre Afganistán, propoño unha pequena viaxe arredor da representación que o cine mostrou desta parte do planeta:

  • AS ORIXES

El hombre que pudo reinar (John Huston, 1975)

Danny Dravot e Peachy Carnehan son dous aventureiros que viaxan á India en 1880. Sobreviven grazas ao contrabando de armas, de mercadorías e outras actividades similares. Un día deciden facer fortuna no lexendario reino de Cafiristán. Despois dunha dura viaxe a través do Himalaia, alcanzan a súa meta xusto a tempo para facer uso da súa experiencia no combate e salvar a unha aldea dos seus asaltantes. Está inspirada nun relato de Kipling.

Nesta espléndida película non se trata exactamente de Afganistán, pero sí reflicte perfectamente por unha banda a idea que os países colonizadores tiñan desta zona e por outra podemos vislumbrar algunhas características da sociedade que en moitos aspectos son base de moita da realidade actual.

  • A GUERRA FRÍA

Rambo III (Peter McDonald, 1988)

Cando descubre que o coronel Trautman caeu en mans soviéticas en Afganistán, Rambo regresa ao servizo para intentar liberar ao seu amigo. Despois de contactar coa resistencia afgana, entra na zona sitiada polas tropas inimigas…

Película infumable, a maior gloria dos músculos de Stallone, pero na que podemos ver a imaxe que se trataba de dar dende o bando norteamericano do exército soviético, en plena Guerra Fría, e onde tamén vemos a intervención de Estados Unidos que foi un dos detonantes da realidade que agora vivimos…

La bestia de la guerra (Kevin Reynolds, 1988)

Un tanque se perde no deserto durante a guerra de Afganistán.

Película bastante mediocre, que podemos encadrar tamén dentro do contexto da Guerra Fría, pero que conta coa curiosidade de que os protagonistas son tanquistas do exército soviético. Máis próxima ao xénero western que ao cine bélico.

La Guerra de Charlie Wilson (Mike Nichols, 2007)

A principios dos oitenta, un congresista americano aficionado á diversión, unha muller da alta sociedade de Houston defensora acérrima das boas causas, e un axente da CIA ao que lle gustaban os retos, conspiraron para realizar a maior operación segreda da historia. Joanne Herring (Julia Roberts), unha das mulleres máis ricas de Texas e virulenta anticomunista, convenceu ao congresista Charlie Wilson (Tom Hanks) para axudara aos muiahidines afganos, conseguindo fondos e armas para expulsar aos soviéticos de Afganistán. O compañeiro de loita de Charlie nesta dura batalla foi o axente da CIA Gust Avrakotos (Philip Seymour Hoffman).

Ácida película que amosa as entrañas da política. Baseada en feitos reais.

  • A CHEGADA DO TALIBÁNS

Kandahar (Mohsen Makhmalbaf, 2001)

Película que reflicte aa situación de Afganistán baixo o réxime talibán. Curiosa e involuntariamente, foi estreada na mesma época que Estados Unidos atacaba o mencionado país tras os atentados do 11 de Setembro, o que promocionou a película de forma adicional.

Buda explotó por vergüenza (Hana Makbalbaf, 2007)

Baixo a estatua do Buda que destruiron os talibáns, ainda viven milleiros de familias. Baktay, unha nena afgana de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños que le os alfabetos fronte a súa cova. De camiño á escola, é acosada por uns nenos que xogan de forma cruel reflexando a sociedade tan violenta que os envolve. Os nenos pretenden lapidar a Baktay ou destruila como o Buda, ou dispararlle como fixeron os americanos no labirinto de covas. ¿Será capaz Baktay de superar estes obstáculos para poder aprendelos alfabetos na súa lingua materna?.

Sobre a destrucción dos Budas deixo tamén esta ligazón cunha nova recente:

http://www.rtve.es/noticias/20110302/budas-afganos-bamiyan-se-resisten-morir/412724.shtml

Kandahar (Andrei Kavun, 2010)

Aínda que leva o mesmo título que unha das anteriores, nesta ocasión trátase dun filme ruso do 2010, que recolle a historia do secuestro dun avión comercial ruso no 1995 por parte dos talibáns.

Neste apartado tamén poderíamos engadir “Cometas en el Cielo” e “Mil soles espléndidos”, pero deixareinos por estar comentados nos post anteriores.

  • DESPOIS DO 11-S

Tras a catarse que supuxeron os atentados do 11 de setembro nas Torres Xemelgas e a posterior invasión, a realidade en Afganistán novamente deu outro xiro.

A las cinco de la tarde (Samira Makhmalbaf, 2003)

Trala caída do réxime talibán en Afganistán, reabrieron as escolas para as mulleres. Unha delas pretende adicarse á política e incluso chegar a ser algún día presidenta da República. Pero o burka, as tradicións e o réxime machista seguen profundamente establecidos na vida social do país.

Sen dúbida, esta película pode ilustrar moi ben cousas que estamos a ler no libro de clube, e realidades que aínda debemos de denunciar.

Camino a Guantanamo (Michael Winterbottom, Mat Whitecross, 2006)

Película que denuncia a situación dos presos islamistas encarcelados na base norteamericana de Guantánamo, en Cuba. En setembro de 2001, catro xóves amigos británicos de orixe pakistaní foron ao seu país para asistir á boda dun deles e, de paso, disfrutar dunhas vacacións percorrendo o país. Despois de moitas vicisitudes, foron capturados por tropas norteamericanas e trasladados á base norteamericana de Guantánamo, onde permaneceron máis de dous anos e fueron sometidos a innumerables humillacións e torturas. Finalmente, o 5 de marzo de 2004 foron trasladados ao Reino Unido. En Londres, tras ser interrogados, foron postos en liberdade sen cargos.

watch?v=1tqTcSqvKtU

O mesmo director, dirixiu un ano seguinte Un corazón invencible, baseada no tráxico relato de Mariane Pearl, a viuva do reporteiro do Wall Street Journal Danny Pearl, asasinado no ano 2002 tras ser secuestrado polos talibáns en Pakistán. Coa colaboración do exército da coalición internacional e de numerosas organizacións, Mariane tentou atopalo por tódolos medios, pero os seus esforzos foron inútiles.

A listaxe podería continuar, pero creo que como mostra pode valer para ilustrar un pouco. Na miña opinión, hai unha temática que enlaza todas elas e non é outra que a violencia. Agardemos que as próximas películas que aborden a realidade en Afganistán, xa poda facelo tomando outros temas máis amables.

Read Full Post »