Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Decembro 2011

O próximo libro sobre o que debatiremos  no Club será ” Taxi” de Khaled al Kamissi. A reunión terá lugar o martes, 24 de xaneiro, no Pórtico ás 20.30 h. Este libro foi editado por editorial Almuzara no 2009.

.

                 olett_p1

Imaxe do autor.

Khaled al Kamissi é periodista, productor e director de cine en Exipto“Taxi” é o  seu primeiro libro e  convertiuse nun best-seller no seu país.  Trátase dun libro de relatos cortos e autobiográficos nos que o narrador conta intensas historias, froito de conversas cos taxistas do Cairo, protagonistas da narración.

Nos  traxectos xorden temas variadísimos: desde o fútbol á situación política de Exipto, casos de corrupción ou contrabando, problemas humanos divertidos ou tráxicos, a preocupación pola familia, o islamismo ou a burocracia. Personaxes diversas conversan co narrador inmersas no caótico tráfico de  O Cairo

Al Khamissi é  orixinal no modo de afrontar o relato, fragmentado en diálogos moi cortos e anacos de conversacións moi expresivos. Advírtese a  súa formación cinematográfica xa que a partir de breves pinceladas é capaz de plasmar unha historia sólida e coherente. A linguaxe é coloquial e moi visual. Son  interesantes e ilustrativas as referencias á vida diaria e á situación sociolóxica de Exipto.

Advertisements

Read Full Post »