Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2012

Marzo: reunión o 27 de  no restaurante Pórtico  ás 20. 30 h.

Libro de lectura: Criadas e señoras de  Kathryn Stockett

Criadas e señoras é unha novela conmovedora, con grande éxito de público e crítica, na que se narran os destinos de tres mulleres nunha sociedade chea de preconceitos

Skeeter, de veintidous anos,  regresou á súa casa en Jackson, no sur de Estados Unidos, despois de terminar os seus estudos na universidade de Misisipi en 1962. A partir deste momento, a súa nai non descansará até que vexa a súa filla cunha alianza na man.

Aibileen é unha criada negra. Unha muller sabia e imponente que  criou a dezasete nenos/as brancos/as. Tras perder ao seu propio fillo, que morreu mentres os seus capataces brancos miraban para outro lado, sente que algo cambiou no seu interior. Desde este instante, céntrase na educación da nena que ten ao seu cargo, aínda que é consciente de que terminarán separándose co  tempo.

Minny, a mellor amiga de Aibileen, é baixiña, gordiña e probablemente a muller coa lingua máis longa de todo Misisipi. Cociña moi ben, pero non pode controlar as súas palabras, así que perde un  emprego tras outros. Por fin, parece encontrar o seu sitio traballando para unha familia recén chegada á cidade que aínda non coñece a súa fama.

A pesar do distintas que son entre si, estas tres mulleres acabarán uníndose para levar a cabo un proxecto clandestino que suporá un risco para todas. ¿E por que? Porque se afogan dentro dos límites que lles impón a súa cidade e o seu tempo.

  Kathryn Stockett naceu e  criouse no lugar onde transcorre  a súa  novela, Criadas e Señoras, a pequena cidade de Jackson en Misisipi. Estudiou inglés e escritura creativa na Universidade de Alabama antes de instalarse en Nova York, onde traballou no mundo da edición durante nove anos. Con Criadas e Señoras Kathryn Stockett  logrou situarse entre os/as autores/as norteamericanos/as máis cotizados/as do momento, e os/as críticos/as consideran a súa ópera prima como todo un clásico contemporáneo.

Advertisements

Read Full Post »

O 24 de febreiro conmemorase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro naceu  en Santiago e na súa partida de nacemento figura como «hija de padres incógnitos», puntualizándose, non obstante, que «va sin número por no haber pasado a la Inclusa».

 A súa nai, dona María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, de familia fidalga vinda a menos, tiña trinta e dous anos cando naceu Rosalía. Seu pai, don José Martínez Viojo, nacido o 7 de febreiro de 1798, acababa de cumprir trinta e nove e era sacerdote; non puido, polo tanto, recoñecer, nin lexitimar a filla, aínda que si parece que se interesou por ela e encargou do seu coidado ás súas irmás.

Foron as tías paternas de Rosalía, dona Teresa e dona María Josefa, as que se fixeron cargo da nena nos primeiros tempos, levándoa a vivir con elas, primeiro en Ortoño, na casa familiar chamada Casa do Castro, e despois en Padrón.

POEMAS DE ROSALÍA:

http://www.letrasgalegas.org/servlet/SirveObras/p285/02587296500292784199079/index.htm

http://www.letrasgalegas.org/bib_autor/rosaliadecastro/pcuartonivel.jsp?conten=obra

http://sondepoetas.blogspot.com/

 

Read Full Post »