Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Abril 2012

O próximo libro sobre o que debatiremos  no Club será  Esperando o leiteiro de Xosé Neira Vilas. A reunión terá lugar o martes, 22 de maio, no Pórtico ás 20.30 h.

A mediados do século XX, un mozo campesiño vai emigrar a Buenos Aires. Coa maleta ao lombo, camiña sete quilómetros; perdeu o coche de liña e confía en que o leve o camión que recolle o leite. Mentres agarda a chegada do leiteiro, o mozo fai un reconto da súa vida, cos seus traballos, xogos, amores, miserias e soños. Xosé Neira Vilas (Gres, 1928) escribe un intenso monólogo interior que non cesa ata que, por fin, o protagonista emprende o camiño.

  Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Bos Aires, onde desempeña traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e codirector do xornal Adiante. Participa na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, cubana. Xuntos fundan a organización libreiro-editorial “Follas Novas” para difundir o libro galego en América.

Publica en 1960 o poemario Desde lonxe e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. Nese mesmo ano, 1961, Neira e Anisia van residir a Cuba. Traballa na Administración e fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desde 1983 ata que se xubilou, desempeñou o cargo de redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria. En Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega neses e noutros países de América, e deu a coñecer diversos libros ao redor do tema. Radicouse, con Anisia (escritora e xornalista) en Gres, na aldea natal, onde preside a Fundación Cultural Xosé Neira Vilas.

Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas.

Advertisements

Read Full Post »

Abril: reunión o luns 30   na cafetería Betos ( Cacheiras)  ás 20. 30 h.

Libro de lectura: Tiempos de arena de Inma Chacón.

 No leito de morte, María Francisca, membro dunha nobre familia de Toledo,        clama desesperadamente por os seus fillos. A tensión é enorme. As súas tías non deixarán de preguntarse que hai  de verdade nelas.

Comeza así unha apaixonante inmersión na historia das mulleres Camp de la Cruz, Mariana, Munda e Alejandra, herdeiras dun facendado español, e das súas  irreconciliables diferencias vitais na búsqueda da felicidade. A masonería feminina, a loita pola igualdade e a tradición fronte á modernidade a finais do século xix e principios do xx son algúns dos temas que se mesturan neste relato.

Inma Chacón: é doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e profesora de Documentación. Foi decana da facultade de Comunicación e Humanidades na Universidade Europea.

Fundou e dirixiu a revista dixital Binaria: Revista de Comunicación, Cultura e Tecnoloxía, e foi directora do Doutorado en Comunicación, Auxe Tecnolóxico e Renovación Socio-cultural.


A súa primeira novela, La princesa india (Alfaguara, 2005), tivo numerosos éxitos.

Tamén  publicou os libros de poemas Alas e Urdimbres (Ellago Ediciones).

En 2007 publicou Las filipinianas (Alfaguara), e en maio de 2011 “Nick: unha historia de redes e mentiras” (La Galera) que é a  súa última novela.

Read Full Post »