Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Outubro 2012

O próximo libro para o debate   no Club será  El albergue de las mujeres tristes de Marcela Serrano.A reunión terá lugar o martes,  20  de novembro, no Pórtico ás 20.00 h. Ademais de comentar o libro fixaremos as lecturas do presente curso escolar.

Floreana, unha historiadora aínda nova e moi atractiva, chega a un albergue sui generis na illa de Chiloé. Alí, en medio das paisaxes do profundo sur chileno, acoden diversas mulleres para curar as feridas dunha dor común, o desamor.  A incapacidade afectiva masculina é  para elas a clave do desencuentro. Como contrapunto, a autora dá voz, por primeira vez, a un personaxe masculino, o médico do lugar, un santiaguino autoexiliado na illa que arrastra tamén as súas propias cicatrices. Ambivalentes, reprimidos sexualmente, vacilantes no  compromiso amoroso, os hombres senten medo fronte á autonomía que as mulleres van gañando. Mentres tanto, nelas crece a insatisfacción, que é o mal feminino desta fin de século.

Marcela Serrano naceu en Santiago de Chile en 1951. Filla da novelista Elisa Pérez Walker  e do ensaísta Horacio Serrano, é a cuarta de cinco irmás.  Estivo sempre comprometida coa realidade política do seu país, sendo militante da esquerda, e é defensora das reivindicacións feministas porque, como ela mesma afirma, definirse feminista é definirse ser humano. Tras o golpe de estado  exiliouse en Roma, onde traballou para os viveiros municipais durante un tempo. Regresou a Chile en 1977, entrando en contacto con grupos artísticos; a principios dos oitenta montou a  súa primeira exposición.  Licenciouse  en grabado na Universidade Católica entre 1976 e 1983, e trabalou en diversos ámbitos das artes visuais, en especial en instalacións e accións de arte como o body art, gañando un premio do Museo de Belas Artes por un traballo acerca das mulleres do sur de Chile, pero pronto abandona estas actividades por completo. Aínda que empezou a escribir a idade moi temperá, non publicou a súa primeira novela, Nosotras que nos queremos tanto, ata 1991. Fue unha das revelacións dese ano. Dous anos máis tarde publica Para que no me olvides. Escribe a súa terceira novela,Antigua vida mía (1995), en Guatemala. As seguintes foron El albergue de la mujeres tristes (1997),  en 1999 a novela negra Nuestra señora de la soledad e  El cristal de miedo ( literatura infantil). Viviu durante seis anos en México debido a que o seu marido era o embaixador de Chile nese país. Tras varios anos sen publicar, La Llorona ve a luz en 2008.

Marcela Serrano é unha das figuras máis destacadas da nova narrativa do seu país e de América Latina.  

Advertisements

Read Full Post »