Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2013

O próximo libro sobre o que debatiremos  no Clube será  Dime quién soy de Julia Navarro . A reunión terá lugar o martes, 19 de febreiro, no Pórtico ás 20.00 h.

A historia comenza cando unha periodista recibe unha propuesta para investigar a vida da súa bisavoa, Amelia Garayoa, da que o único que saben é que fuxiu de España antes de que comezara a guerra civil, abandonando o seu marido e o seu fillo. Verase, deste modo,  obrigada a bucear no pasado, reconstruíndo a vida de Amelia desde os seus comezos. Marcada por catro homes moi diferentes, ‘Dime quién soy’  traenos case mil páxinas repletas de amor, desamor e aventuras.

JULIA NAVARRO

Julia Navarro naceu en Madrid en 1953. Periodista,  traballou en televisión e prensa escrita, e é  autora de varios libros de actualidade política como Entre Felipe y Aznar o La izquierda que viene. Sen embargo, a fama internacional  viralle con La hermandad de la sábana santa, unha particular mezcla de aventuras e intriga histórica. Con La Biblia de barro e La sangre de los inocentes concluiría unha triloxía que  vendeu máis de tres millóns de exemplares en todo o mundo.

Advertisements

Read Full Post »