Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Abril 2013

O próximo libro sobre o que debatiremos  no Clube será   Los desorientados de Amin Maalouf. A reunión terá lugar o martes, 30 de abril, no Pórtico ás 20.00 h.

Esta  novela que foi escrita por  Amin Maalouf, escritor libanés Premio Príncipe Asturias de las Letras 2010 e  membro da Academia francesa, fala  sfotoobre a amizade, a identidade, o exilio e o choque entre culturas .

Unha chamada rompe a monotonía de Adam, un profesor árabe de  historia, exiliado en París. Un vello amigo está morrendo e quere  velo. Adam regresa á súa terra natal despois de vintecinco anos. Todo  segue igual, non  pasou o tempo polos lugares onde vivira. Aquel “paraíso perdido” da montaña branca vai asociado ao Círculo dos  Bizantinos, o grupo de amigos de xuventude que pretendían cambiar o  mundo e foron eles os que terminaron cambiando por unha guerra que os  separou.  Este cambio produciuse por vías pouco aceptables para Adam, pero ¿quen é el  para  xulgalos cando viviu un exilio “dourado” mentres eles se viron  abocados a unha situación sen elección posible? Os desorientados é  a novela máis persoal e emotiva de Amin  Maalouf.

 A continuación, un vídeo onde fala o autor:

Advertisements

Read Full Post »