Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Maio 2013

  • ROBERTO VIDAL BOLAÑO
  • vidal-bO 31 de xullo de 1950, naceu Roberto Ignacio Vidal Bolaño, que co paso do tempo se convertiría nun dos creadores do teatro profesional galego.
  • Realizou os seus primeiros estudos de primaria e bacharelato en Santiago e con doce anos comezou a traballar como repartidor de recambios de coche, emprego o que lle seguiron outros nunha axencia de viaxes, nun almacén de coloniais e nunha entidade bancaria, até que, con vinte e sete anos, pasou a traballar porofesionalmente no teatro. Fundou a primeira compañía profesional de teatro en galego, o Grupo Antroido, na que realizou todo tipo de funcións: empresario, director, actor, autor, electricista, pintor… O longo da súa traxectoria artística escribiu perto das trinta obras teatrais, algunhas delas adicadas ao público infantil. Tamén realizou guións para as televisións galega e española, levando á pantalla relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor. Participou como actor en longametraxes e series televisivas e como actor de dobraxe colaborou en máis de cincuenta películas. Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio Abrente, Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina… No ano 1991 creou e dirixiu a Compañía Teatro do Aquí, coa que seguiu representando as súas propias obras. Roberto Vidal faleceu en Santiago no ano 2002.
Advertisements

Read Full Post »

O próximo libro sobre o que debatiremos  no Clube será Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz . A reunión terá lugar o martes, 21 de maio, no Pórtico ás 20.00 h.

 non hai noite..O título ten moito que ver coa cita de Macbeth de W. Shakespeare que aparece ó principio do libro:
“Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día.”
noite para Gabriel ( o protagonista) foi moi, moi longa; foron moitas as noites que transcorreron  desde que foxe de Monteverde a París, o 9 de outubro de 1970, e retorna para o enterro da súa nai, en 2002. Durante ese tempo sempre conviviu cun sentimento de culpa e cunha ferida que supuraba constantemente.
Despois do enterro da nai e do encontro coa “ánima” do seu pai, que lle reprocha telo abandonado e lle pide xustiza, decide curar a súa ferida e limpar a memoria do seu pai, Vicente Lamas Varela, o Mourelo, que cargara coas culpas dun violador sen selo, e padecera malos tratos, un xuízo, tres anos de cárcere, o desprezo da xente… e rematara morrendo dun ataque ó corazón pouco despois de conseguir a liberdade.
Gabriel fai as funcións dun bo detective e vai tecendo os fíos que o levan a descubrir o verdadeiro violador. Cando o visita para facer patente o que xa sabía polas súas investigacións, despídese del, dicíndolle:
“-Ata nunca, Alfonso de Castro. Desde hoxe, por fin, o meu pai pode descansar en paz. Agora tócache a ti pagar por tanta ignominia!”
Aínda que os delitos prescribiran, o traballo de Gabriel enviado ós medios de comunicación contribuirá a que o violador pague polos delitos cometidos. Eu estou convencida de que se publicará.
A noite fora tamén moi longa para Celia e Elsa, nai e irmá de Gabriel; para Natalia Valcárcel, agredida; para Berta Vilela, violada; para Senén Louzao, garda civil torturado polos remordementos; para o avogado defensor de Vicente … Todos eles quedaran moi marcados no pasado; algúns con traumas que non deran superado e sentíndose culpables, cando eran vítimas.
día chegou para eles porque se vai facer xustiza, aínda que sexa con moitos anos de retraso.
Agustín Fernández pazAgustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947, é un escritor e pedagogoDiplomado en enxeñería industrial mecánica, e licenciado en Ciencias da Educación, foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Xubilouse en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo.Como mestre e pedagogo, é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.

Read Full Post »