Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Setembro 2013

see-lisa-el-abanico-de-seda-portada1

REUNIÓN: O DÍA 16 DE OUTUBRO, ÁS 20 H. NO PÓRTICO

O  abanico de seda é a historia da muller chinesa ambientada no século XIX, cando os estritos costumes orientais facían da muller un obxecto de submisión total en favor da familia, das necesidades do home e,  posteriormente, das mulleres dominantes da casa. Lisa See nesta  historia recrea as tribulacións de dúas mulleres unidas polos lazos dunha amizade aceptada por esta sociedade, na que se consideran intranscendentes os sentimentos femininos, e se aceptan certas licencias como un tipo de escritura, que só las mulleres son capaces de entender, ou relacións de afinidade que se consideran exclusivamente de ámbito feminino. Todo como compensación a outros costumes máis castrantes como o vendado  dos pés ou a cruel humillación que supón a aceptación da violencia machista ou a auto aceptación como obxecto sexual. Precisamente o tipo de escritura (o nu shu), que está suxeito a múltiples interpretacións, será o que determine o desenlace da novela.

LISA SEE

LISA SEE

(París, 18 de febreiro de 1955)

De orixe chinés, marchou a Estados Unidos de moi nova, asentándose no barrio chino dos Ánxeles.  Graduouse na Universidade Loyola Marymount en 1979. É colaboradora habitual en diversos periódicos, como en New York Times. Escribe tambén co seudónimo Mónica Highland.

Imaxes de como quedaban os pés femininos despois de  ser vendados:

pés

pes 2

Advertisements

Read Full Post »