Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Decembro 2013

Desde o clube de lectura de Cacheiras facemos algunhas propostas para estas festas:

1. O CADERNO DOURADO DE DORIS LESSING

o_caderno_dourado-195x300Publicada por primeira vez en 1962 e considerada unha das grandes novelas do século XX, O caderno dourado conta a historia de Anna Wulf, unha escritora inmersa nunha crise persoal que decide as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente: o caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o azul para todo o cotián.

Doris Lessing (Kermanshah, Irán, 1919 – Londres 2013), a súa obra literaria ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común. En 1962 publica a súa novela máis coñecida, O caderno dourado, que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.

É autora dunha extensa obra narrativa e dunha celebrada autobiografía en dous volumes, Under my Skin e Walking in the Shad. Na súa obra máis recente, Alfred and Emily, conta a historia da súa nai e de seu pai combinando dous puntos de vista opostos: o real e o ficticio.

 dorisCoa súa morte en novembro deste ano desaparece unha narradora de primeiro nivel que foi recoñecida en 2007 co Nobel de Literatura e que sempre destacou, dende moi nova, pola súa defensa da igualdade da muller e na loita contra toda forma de discriminación, nomeadamente o apartheid imperante en Sudáfrica durante décadas, país que coñecía moi ben por ter vivido moitos anos de moza alí.

Información sobre O caderno dourado

2. O MUNDO DE SOFÍA DE JOSTEIN GAARDER

. Usando como pretexto unha trama novelesca, o autor fai  unha guía básica sobre a filosofía occidental. Esta novela logo foi convertida en  película (tamén chamada El mundo de Sofía) en 1999 dirixida por Erik Gustavson, tamén noruego, como o autor da novela.

A obra trata dunha rapaza de 14 anos, que o 15 de xuño cumprirá 15 anos. Pero a súa vida cambia increíblemente cando recibe unha carta dun filósofo que lle ensina como é  o mundo desde a filosofía.

Jostein Gaarder  (8 de agosto de 1952, en Oslo).

jostein Estudou filoloxía escandinava, historia das ideas e historia da relixión na Universidade de Oslo. Foi profesor de filosofía e literatura nun instituto  durante once años.

Película El mundo de Sofía:

Advertisements

Read Full Post »