Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2014

LECTURA PARA FEBREIRO

REUNIÓN: 19 de febreiro, mércores, ás 20.00 h. no Pórtico Para febreiro propoñemos :

O VIXÍA NO CENTEO

EL GUARDIÁN ENTRE EL CENTENO DE J D SALINGER

 O vixía no centeo (título orixinal en inglés The Catcher in the Rye) é unha novela de J. D. Salinger publidada en 1951.

No seu momento provocou numerosas controversias nos EUA pola súa linguaxe provocadora e por falar con claridade da sexualidade e a ansiedade adolescentes.

O seu protagonista, Holden Caulfield, converteuse nunha icona da rebeldía adolescente. Escrita en primeira
persoa
, a novela relata as experiencias de Holden en New York, despois de ser expulsado do seu instituto, Pencey Prep, por suspender a maioría das materias no primeiro trimestre. O título fai referencia a unha reflexión do protagonista sobre o que quere ser de maior, referíndose ao verso dun poema.

J D SALINGER

SALINGERJerome David Salinger, nado en Nova York o 1 de xaneiro de 1919 e finado o 27 de xaneiro de 2010, foi un escritor norteamericano.De pai xudeu e nai católica irlandesa. Estudou na Academia Militar de Valley Forge, e posteriormente nas Universidades de Nova York e Columbia, mobilizado durante a Segunda Guerra Mundialserviu na mariña, e entrou en combate coa 4ª División de Infantería, a participación nalgunhas das campañas máis feroces da guerra afectoulle emocionalmente, contou as súas experiencias da guerra en moitos relatos como For Esmé with Love and Squalor.

Comezou a escribir relatos para revistas locais logo de licenciarse do exército en 1945, que foron ben recibidas. En 1951 publicou The Catcher in the Rye (O vixía no centeo, tradución galega de 1990) a súa primeira e máis famosa novela, orixinalmente foi mal recibida pola crítica e non tivo éxito de vendas, pero máis tarde gañou a aceptación de pública e crítica. Moito da trama da novela ten carácter autobiográfico: presenta a un adolescente, Holden Caulfield, con episodios de paranoia, que escapa da academia onde estuda para volver a Nova York. A novela escrita cun estilo e linguaxe propio dos adolescentes converteuse nun clásico.

Posteriormente Salinger publicou as colecións de relatos Nove contos en 1953 (tradución galega de 1996); Franny e Zooey, en 1961; e Erguede, carpinteiros, a viga do tellado e Seymour: unha introdución, que apareceron xuntos en 1963, estes últimos protagonizados pola disfuncional familia Glass.

Despois de conseguir fama e notoriedade con O vixía no centeo, Salinger  decidiu vivir protexendo ao máximo a súa privacidade. Mudouse de Nova York a Cornish (New Hampshire), onde continuou escribindo historias que nunca publicou.

Read Full Post »

pasion-india
REUNIÓN: 29 de xaneiro, mércores, ás 20.00 horas, no Pórtico
A principios do século XX  a India está dividida entre o imperio británico e os estados dos maharajás, 562 príncipes reinaban sobre un tercio do territorio indio. “Pasión India” de Javier Moro descríbenos escrupulosamente o modo de vida e excentricidades destes soberanos, que por circunstancias tanto externas como internas irán perdendo todos os seus privilexios, unha das causas máis significativas será o desenlace da Segunda Guerra Mundial.
Javier Rafael Moro Lapierre (Madrid11 de febreiro de 1955) . Desde moi novo, viaxou co  seu pai, executivo de TWA, a países de ÁfricaAsia e América. Esas viaxes en familia, nos que descobre o mundo, constitúen os mellores recordos da infancia e deixan unha pegada que aparecerá máis tarde nos seus libros.
Entre 1973 e 1978 estuda historia e antropoloxía na universidade de Jussieu. Para escribir a súa primeira novela, Senderos de libertad (1992), viaxou durante tres anos pola Amazonia en avioneta, canoa, autorcar e incluso a pé para reconstruír a historia de Chico Mendes, un humilde caucheiro que se convirtiu en símbolo internacional da defensa do medio ambiente.
moro A súa segunda novela, El pie de Jaipur, apareceu tres anos máis tarde e é a primera en estar ambientada, ao menos en parte, en Asia: trata dun  estudante francés gravemente accidentado e un camboiano que se coñecen ao coincidir nuna clínica e se unen para enfrontar a adversidade e loitar na vida. A esta  seguíronlle outros tres libros ambientados tamén en Asia: Las montañas de Buda (1998) desenvólvese no TíbetEra medianoche en Bhopal (2001),  trata sobre o desastre de Bhopal, a catástrofe química ocurrida o 3 de decembro de 1984); Pasión india (2005), e El sari rojo, que é  a historia dramatizada da familia Gandhi a través dos ollos de Sonia. A obra causou escándalo e irritación na India.
 O seu séptimo libro, El imperio eres tú, volve a estar ambientado en América do Sur: trata sobre a vida do emperador Pedro I de Brasil, que tamén  foi, por un breve periodo, rei de Portugal. A novela  valeulle o Premio Planeta 2011.

Read Full Post »