Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2015

Reunión: xoves , 19 de febreiro, ás 21. 30 no restaurante Pórtico.

o corazón de xupiterUn libro que nos leva da man a un percorrido pola adolescencia, cos seus conflitos, cos seus perigos, coas súas festas, cos seus amores. Unha novela que dende o primeiro capítulo nos engaiola para sabermos o resultado, mentres compartimos eses momentos vertixinosos que na adolescencia se pode vivir. A homosexualidade, tratada con total naturalidade, o acoso, a Internet, a fuxida ás estrelas, a incomprensión paterna… en calquera destas partes poden os mozos e mozas sentírense reflectid@s, e logo poderán cavilar sobre os seus propios movementos, a súa deixadez, o esquecemento de que non todo é doado. E a morte. A morte está aí, en varias ocasións, porque igual que o amor forma parte da vida, igual que aquel é quen de proporcionar estadíos de tristura suprema que hai que superar.

Ledicia Costas

LEDICIA CEmpezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía.

OBRAS:

  • Unha estrela no vento, 2000, Xerais, narrativa.
  • O corazón de Xúpiter, 2012, Xerais, narrativa.
  • Xardín de inverno, 2012, Everest Galicia, poesía.
  • Recinto Gris, 2014, Xerais, narrativa.
  • Escarlatina, a cociñeira defunta, 2014, Xerais, narrativa.

Read Full Post »