Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Libros’ Category

O próximo libro que leremos no Clube sera “O Club da Calceta” de María Reimóndez. A reunión será o 4 de abril no Canaletto co horario de sempre.

Este libro foi editado por Xerais no 2006. Foi traducido ao castelán no 2008 para a editorial Algaida.

O Club da Calceta

Narra a historia de seis mulleres moi diferentes entre si que acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde tomanconciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

A historia foi adaptada para a televisión en 2009 por Antón Dobao dentro do proxecto “Un mundo de historias” en coprodución galega e catalá. O estreno foi no teatro Jofre de Ferrol, cidade onde se rodou parte da película.

Tamén conta con adaptación teatral a cargo de Teatro do Morcego e baixo a dirección de Celso Parada.

O Club da Calceta, por Teatro do Morcego

Read Full Post »

En vista que no Clube nos estamos a especializar en libros sobre Afganistán, propoño unha pequena viaxe arredor da representación que o cine mostrou desta parte do planeta:

  • AS ORIXES

El hombre que pudo reinar (John Huston, 1975)

Danny Dravot e Peachy Carnehan son dous aventureiros que viaxan á India en 1880. Sobreviven grazas ao contrabando de armas, de mercadorías e outras actividades similares. Un día deciden facer fortuna no lexendario reino de Cafiristán. Despois dunha dura viaxe a través do Himalaia, alcanzan a súa meta xusto a tempo para facer uso da súa experiencia no combate e salvar a unha aldea dos seus asaltantes. Está inspirada nun relato de Kipling.

Nesta espléndida película non se trata exactamente de Afganistán, pero sí reflicte perfectamente por unha banda a idea que os países colonizadores tiñan desta zona e por outra podemos vislumbrar algunhas características da sociedade que en moitos aspectos son base de moita da realidade actual.

  • A GUERRA FRÍA

Rambo III (Peter McDonald, 1988)

Cando descubre que o coronel Trautman caeu en mans soviéticas en Afganistán, Rambo regresa ao servizo para intentar liberar ao seu amigo. Despois de contactar coa resistencia afgana, entra na zona sitiada polas tropas inimigas…

Película infumable, a maior gloria dos músculos de Stallone, pero na que podemos ver a imaxe que se trataba de dar dende o bando norteamericano do exército soviético, en plena Guerra Fría, e onde tamén vemos a intervención de Estados Unidos que foi un dos detonantes da realidade que agora vivimos…

La bestia de la guerra (Kevin Reynolds, 1988)

Un tanque se perde no deserto durante a guerra de Afganistán.

Película bastante mediocre, que podemos encadrar tamén dentro do contexto da Guerra Fría, pero que conta coa curiosidade de que os protagonistas son tanquistas do exército soviético. Máis próxima ao xénero western que ao cine bélico.

La Guerra de Charlie Wilson (Mike Nichols, 2007)

A principios dos oitenta, un congresista americano aficionado á diversión, unha muller da alta sociedade de Houston defensora acérrima das boas causas, e un axente da CIA ao que lle gustaban os retos, conspiraron para realizar a maior operación segreda da historia. Joanne Herring (Julia Roberts), unha das mulleres máis ricas de Texas e virulenta anticomunista, convenceu ao congresista Charlie Wilson (Tom Hanks) para axudara aos muiahidines afganos, conseguindo fondos e armas para expulsar aos soviéticos de Afganistán. O compañeiro de loita de Charlie nesta dura batalla foi o axente da CIA Gust Avrakotos (Philip Seymour Hoffman).

Ácida película que amosa as entrañas da política. Baseada en feitos reais.

  • A CHEGADA DO TALIBÁNS

Kandahar (Mohsen Makhmalbaf, 2001)

Película que reflicte aa situación de Afganistán baixo o réxime talibán. Curiosa e involuntariamente, foi estreada na mesma época que Estados Unidos atacaba o mencionado país tras os atentados do 11 de Setembro, o que promocionou a película de forma adicional.

Buda explotó por vergüenza (Hana Makbalbaf, 2007)

Baixo a estatua do Buda que destruiron os talibáns, ainda viven milleiros de familias. Baktay, unha nena afgana de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños que le os alfabetos fronte a súa cova. De camiño á escola, é acosada por uns nenos que xogan de forma cruel reflexando a sociedade tan violenta que os envolve. Os nenos pretenden lapidar a Baktay ou destruila como o Buda, ou dispararlle como fixeron os americanos no labirinto de covas. ¿Será capaz Baktay de superar estes obstáculos para poder aprendelos alfabetos na súa lingua materna?.

Sobre a destrucción dos Budas deixo tamén esta ligazón cunha nova recente:

http://www.rtve.es/noticias/20110302/budas-afganos-bamiyan-se-resisten-morir/412724.shtml

Kandahar (Andrei Kavun, 2010)

Aínda que leva o mesmo título que unha das anteriores, nesta ocasión trátase dun filme ruso do 2010, que recolle a historia do secuestro dun avión comercial ruso no 1995 por parte dos talibáns.

Neste apartado tamén poderíamos engadir “Cometas en el Cielo” e “Mil soles espléndidos”, pero deixareinos por estar comentados nos post anteriores.

  • DESPOIS DO 11-S

Tras a catarse que supuxeron os atentados do 11 de setembro nas Torres Xemelgas e a posterior invasión, a realidade en Afganistán novamente deu outro xiro.

A las cinco de la tarde (Samira Makhmalbaf, 2003)

Trala caída do réxime talibán en Afganistán, reabrieron as escolas para as mulleres. Unha delas pretende adicarse á política e incluso chegar a ser algún día presidenta da República. Pero o burka, as tradicións e o réxime machista seguen profundamente establecidos na vida social do país.

Sen dúbida, esta película pode ilustrar moi ben cousas que estamos a ler no libro de clube, e realidades que aínda debemos de denunciar.

Camino a Guantanamo (Michael Winterbottom, Mat Whitecross, 2006)

Película que denuncia a situación dos presos islamistas encarcelados na base norteamericana de Guantánamo, en Cuba. En setembro de 2001, catro xóves amigos británicos de orixe pakistaní foron ao seu país para asistir á boda dun deles e, de paso, disfrutar dunhas vacacións percorrendo o país. Despois de moitas vicisitudes, foron capturados por tropas norteamericanas e trasladados á base norteamericana de Guantánamo, onde permaneceron máis de dous anos e fueron sometidos a innumerables humillacións e torturas. Finalmente, o 5 de marzo de 2004 foron trasladados ao Reino Unido. En Londres, tras ser interrogados, foron postos en liberdade sen cargos.

watch?v=1tqTcSqvKtU

O mesmo director, dirixiu un ano seguinte Un corazón invencible, baseada no tráxico relato de Mariane Pearl, a viuva do reporteiro do Wall Street Journal Danny Pearl, asasinado no ano 2002 tras ser secuestrado polos talibáns en Pakistán. Coa colaboración do exército da coalición internacional e de numerosas organizacións, Mariane tentou atopalo por tódolos medios, pero os seus esforzos foron inútiles.

A listaxe podería continuar, pero creo que como mostra pode valer para ilustrar un pouco. Na miña opinión, hai unha temática que enlaza todas elas e non é outra que a violencia. Agardemos que as próximas películas que aborden a realidade en Afganistán, xa poda facelo tomando outros temas máis amables.

Read Full Post »

Iniciamos a lectura do novo libro do Clube e novamente con Khaled Hosseini e “Mil soles espléndidos”.  A reunión para comentalo será o 14 de marzo no Canaletto ás 20:30.

Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini

 

Entrando no libro en sí, trátase da segunda obra do seu autor, publicada en castelán no 2007 pola editorial Salamandra (para @s que queiradesmercalo, hai tamén formato de bolsillo). tras o éxito de “Cometas en el cielo”, novamente Afganistán será o escenario desta obra, pero se no anterior libro o protagonismo era para a infancia, nesta ocasión será o mundo da muller o que enmarca “Mil soles espléndidos”.

Mariam, filla ilexítima dun home de negocios se cría coa súa nai nunha modesta vivenda nas aforas de Herat. Aos quince anos, a súa vida cambia drásticamente cando o seu pai a envía a Cabul a casarse con Rashid, un hosco zapaterio trinta anos maior que ela. Casi dúas décadas máis tarde, Rashid atopa nas rúas de Cabul a Laila, unha xove de quince anos sen fogar. Cando o zapateiro lle ofrece refuxio na súa casa, que deberá compartir con Mariam, entre as dúas mulleres se inicia unha relación que acabará sendo tan profunda como a de dúass irmás, tan forte como a da nai e a  filla. Pese á diferencia de idade e as distintas experiencias que a vida reservoulles, a necesidade de afrontar as terribles circunstancias que as rodean —tanto de portas adentro como na rúa, onde a violencia política asola o país—, fará que Mariam e Laila vaían forxando un vínculo indestructible que daralles a forza necesaria para superar o medo e dar cabida á esperanza.

 

Creo que poderemos sacar moito desta obra que pode complementar os libro que levamos lido. Deixo o trailer da película (sintoo pero solo o atopei en inglés)

Read Full Post »

Cometas en el cielo

O libro que estamos a ler no Clube de cara á próxima reunión é Cometas en el cielo” de Khaled Hosseini. A obra transportanos a Afganistán dende o final da monarquía ata o presente. Narra unha historia de amizade entre dous nenos que están a crecer en Cabul. Criados no mesmo fogar e amamantados polo mesmo peito, Amir e Hassan crecen en mundos distintos: Amir é o fillo dun home rico e importante, mentres Hassan, o fillo do servente do pai de Amir, é un Hazara, membro dunha minoría étnica desprezada. As súas vidas cruzadas, reflicten a evolución do mundo que viven . Cando se produce a invasión soviética e Amir e o seu pai fuxen do país para comezar unha nova vida en California, Amir cre que tamén pode fuxir do pasado e que non levará con el a memoria de Hassan.

“Cometas en el cielo” é  unha novela sobra a amizade e o prezo da lealdade. Tamén sobre a relación de pais e fillos, e o poder das mentiras. pero tamén d escribe a riqueza e a beleza dunha terra en proceso de destrucción. pero nesa devastación, Khaled Hosseini atopa esperanza e posibilidade de redención.

Esta obra tivo un grande impacto dende a súa publicación no 2003 sendo traducido a varios idiomas. No ano 2007, o director Marc Foster levou a cabo a súa adaptación cinematográfica que foi nominada nos Globos de Ouro como mellor película de fala non inglesa e aos BAFTA tamén nas categorías de fala non inglesa e guión adaptado. Pero posiblemente, a parte máis celebrada da película corre a cargo do compositor Alberto Iglesias que foi nominado polo seu traballo tamén nos citados premios e recibiu o recoñecemento nos Oscar ao ser tamén nominado. A continuación deixo o trailer realizado para a película.

RECOMENDACIÓN: @S QUE NON LEVEDES O LIBRO BASTANTE AVANZADO AGARDADE ANTES DE VER O TRAILER…

 

Read Full Post »

BIOGRAFÍA

Dulce Chacón

Dulce Chacón naceu en Zafra (Badaxoz) o 3 de xuño de 1954, no seo dunha familia tradicional, “aristócrata, de dereitas e do bando nacional”, como ela mesma contaba. Seu pai, Antonio Chacón, foi alcalde dunha pequena vila estremeña durante a ditadura. Como home ilustrado, gustaba de ler poesía en voz alta á súa familia, unha afección da que a pequena Dulce pronto se contaxiou e que a guiou xa de maneira temperá cara á literatura.

Cando ela contaba só con 12 anos de idade, seu pai morreu. A nai levou a familia a Madrid, e Dulce, xunto a súa irmá xemelga, acabou nun colexio como internada. Así foi como Chacón comezou a escribir poesía para fuxir dos traumáticos cambios que estaba vivindo. Durante a adolescencia leu a Celan, Rilke, César Vallejo e José Ángel Valente, autores todos que terán un forte peso no seu estilo persoal.

O seu primeiro libro publicado sería Querrán ponerle nombre, en 1992. Seguíronlle Las palabras de la piedra (1993) e Contra el desprestigio de la altura (1995), co que gañaría o Premio de Poesía Ciudad de Irún.

A súa primeira novela foi Algún amor que no mate, na que indaga nos problemas de parellas tras unha fachada de normalidade. Unha novela, segundo o Premio Nobel José Saramago, “dura pero necesaria”. Tras ela chegaría Blanca vuela mañana (1997) e Matadora (1998), unha biografía de Cristina Sánchez, a primeira muller toureira española.

Ese mesmo ano, tras estrea-la súa obra de teatro Segunda mano, publica a novela Háblame, musa, de aquel varón, na que aborda a intolerancia en dúas das súas formas máis comúns: a xenofobia e a violencia nas relacións de parella. Despois vería o libro de poesía Matar al ángel (1999) e Cielos de barro, una ambiciosa novela coral centrada, por vez primeira, na Estremadura da posguerra. A novela gaña o Premio Azorín 2000.

Dunha maneira natural, o tema da posguerra esténdese á súa seguinte novela, La voz dormida. Para esta, Chacón pasou case catro anos investigando, compilando, entrevistando. O resultado é a historia novelada (pero non por iso menos real) daquelas mulleres vítimas da represión franquista que poboaron a España dos anos corenta. La voz dormida gañou o Premio Libro del Año 2003, concedido polo Gremio de Libreros de Madrid.

Pero non houbo, lamentablemente, tempo para máis. En outubro de 2003 foille diagnosticado un cancro en estado avanzado. Dulce Chacón morría o 3 de decembro dese mesmo ano.

CLAVES

  • A pesar da súa familia, tradicional e conservadora, Dulce Chacón séntese moi cedo ligada ó ideario progresista. Nisto tivo certo peso o silencio familiar á hora de falar acerca da represión franquista, o que a impulsou a buscar por si mesma.
  • Con respecto á eterna pugna entre poesía da experiencia, poesía do coñecemento e poesía do silencio, opinaba que era tan só unha loita de egos, e que “un poeta debe escribir lo que le dé la gana, cuando y como le dé la gana”.
  • Implicouse profundamente na causa das mulleres que sufriron o cárcere (ou as execucións) da represión franquista. Opinaba que en España se silenciou durante demasiado tempo unha parte esencial da historia, e que por iso o rancor segue enquistado. O seu lema era ni rencor ni olvido, senón unha sa exposición de tódolos feitos dun e doutro bando.

CURIOSIDADES

  • Unha das súas máximas preocupacións era inculca-lo amor pola literatura nos novos, e non compartía en absoluto os puntos de vista pedagóxicos da escola. Opinaba que, se a un neno o obrigan a ler El Quijote con só trece anos, se crea un efecto inverso e o rapaz acaba odiando a lectura.
  • Entre os seus mellores amigos estaban José Saramago, a súa muller, a periodista Pilar del Río, e os escritores Rosa Regás e Luis Landero.
  • Cielos de barro está dedicada ó seu pai, Antonio Chacón. Presentouna ó Premio Azorín baixo o pseudónimo Hache, o mesmo que empregaba o seu proxenitor. Por certo, o título foi un regalo do novelista Julio Llamazares.
  • Ela mesma adaptou a súa novela Algún amor que no mate para a súa versión teatral, en 1997.

 

Breve descrición de Cielos de Barro

Cielos de barro

Cielos de barro arranca como unha novela de intriga, un crime múltiple e a busca do seu autor; pero é moito máis que iso. As historias que xorden na reconstrución dese tráxico suceso fálannos de paixóns sublimes e rastrexas, como o amor e o odio familiares, os enfrontamentos entre amos e servos, a paixón erótica e o ruído e a furia das guerras.

Un pastor é acusado de cometer un triple asasinato no cortijo estremeño onde os seus familiares traballaron como serventes durante xeracións. A súa única defensa será a testemuña sen fisuras do seu avó, que revelará una brutal historia de intriga, sometemento, erotismo e vinganza, da que amos e criados son á vez testemuñas e protagonistas.

Nunha época na que a Guerra Civil fixo retallos a existencia de vencedores e vencidos, o relato dun vello oleiro que non se rende á inxustiza abrirá feridas aínda sen cicatrizar e cuestionará os rexios cimentos morais da aristocracia rural española.

Galardoada co Premio Azorín de novela en 2000, Cielos de barro é unha obra apaixonante, escrita coa intelixencia propia de quen domina a difícil arte de atrapar cunha historia. Unha novela imprescindible para comprende-lo pasado dun país maltreito, que tivo de rescatarse como puido dos seus propios horrores.

Read Full Post »

Kressmann Taylor

Kressmann Taylor é o pseudónimo de Katherine Kressman. Nacida en Oregón en 1903, comezou moi cedo a traballar como publicista e a escribir en diversas revistas literarias. Cando, en 1938 se publicou esta obra, o editor pensou que, segundo os canons morais da época, a historia era demasiado forte para que fose firmada por unha muller, polo que se publicou co pseudónimo masculino Kressmann Taylor, alias que, por outra parte, nunca abandonou. Conseguiu con este relato ser unha das escritoras máis recoñecidas do seu país. Outros libros escritos por esta autora son Día sin retorno ou Diario de una inundación en Florencia. K. Taylor morreu en xullo de 1996 á idade de 93 anos, pasando o último ano da súa vida concedendo entrevistas.

RESUMO

Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa unha das máis estarrecedoras arengas contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.

Enderezo descoñecido publicouse por primeira vez en 1938 e causou gran sensación pola crueza coa que expoñía perante a opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. En 1939, a tradución holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presenza da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o grande éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as vítimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán.

 

CONTEXTO HISTÓRICO

Neses anos A Alemaña estaba sacudida pola crises económica mundial, iniciada coa creba da Bolsa de New York en outubro de 1929, producindo un acelerado crecemento do paro, que pasou de pouco máis dun millón de persoas en setembro de 1929 á cifra de seis millóns a comezos de 1933. A

Enderezo descoñecido

depresión, coas súas consecuencias económicas e psicolóxicas, meteu de cheo a Alemaña nunha grave crise política e os nazis (partido político en auxe naqueles anos) aproveitaron esa circunstancia para presentar esta crise como resultado do sistema democrático alemán imperante. Hindenburg (presidente da República da Alemaña) nomeou en 1933 chanceler a Adolf Hitler e en apenas uns meses (e trala morte de Hindenburg en 1934), os nazis tomaron o control do Estado e da sociedade con cambios nas leis imperantes e cun clima de violencia política contra os seus opoñentes. Así, Hitler converteuse no führer absoluto, combinando os poderes de chanceler e presidente do Reich, e eliminando as liberdades democráticas e os dereitos civís, coa conseguinte destrución da República Parlamentaria de Weimar; a mediados do ano 1933, A Alemaña era xa unha ditadura cun único partido, o NSDAP (comunmente coñecido como os nazis).

Durante as décadas dos 30 e 40 realizouse o máis tráxico xenocidio na Alemaña, onde foron asasinados máis de 6.000.000 de xudeus (a pesar de que estes foron os máis prexudicados, tamén se pode falar dos moitos asasinados por teren algunha incapacidade física, ou por seren xitanos ou homosexuais).

Mentres todo iso pasaba, A Alemaña ía invadindo territorios, os alemáns volvían sentirse orgullosos de ser o que eran e todos os que nun primeiro momento se negaran a seguir a Hitler (que non eran moitos) terminaron convencéndose de que el era un salvador, un guía.

A autora, ó escribir o seu relato, reflectiu esta realidade política e social que sucedía na Alemaña e baseouse nunha historia real que lle contaron acerca duns íntimos amigos (un xudeu e outro alemán), que ó comezo do auxe do nazismo se distanciaron por motivos políticos, quedando a súa vella amizade rota para sempre. Este suceso, así como as historias que chegaban do continente europeo, marcaron profundamente á escritora, quen decidiu plasmar esta historia verídica con trazos de ficción sobre o papel, escribindo este libro protesta da nova situación alemá e máis tendo en conta que Estados Unidos (país de onde era oriúnda a escritora), pola súa forte política de illamento, parecía inmune á crecente atmosfera social e política na que estaba inmersa A Alemaña e o resto de Europa, xa que consideraban que os problemas europeos eran asuntos alleos ó pobo americano.

Read Full Post »