Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Uncategorized’ Category

No apoxeo da emigración  para os Estados Unidos, unha familia pobre da Irlanda decide  facer o contrario: voltar á súa terra. Despois da morte de súa filha recén nacida, Ánxela  e o marido que está desempregado e é alcoólatra  mudan se de Nova Iorque para Cork, na Ilas cenizas de Arlanda, levando todos os fillos. Unha historia de loita e sobrevivencia.

MTIwNjA4NjMzODkyMDEzNTgwFrank McCourt (19 de agosto de 193019 de julho de 2009) foi un escritor e profesor estadunidense que en 1997 gañou o premio Pulitzer co libro “As Cinzas de Ánxela”. Naceu en Nova Iorque e creceu na cidade de Limerick, na Irlanda. Depois dunha infancia beirando a completa miseria, nunha casa cun pai alcólico, nunha sociedade extremamente católica-conservadora, McCourt retornou aos Estados Unidos cando tiña 19 anos. Logo en seguida conseguiu unha vaga na Universidade de Nova York. Tornouse profesor de inglés na escola Stuyvesant en Nova Iorque.

Recebeu o Prêmio Pulitzer e o National Book Award polo seu libro de memorias As Cinzas de Ánxela (Angela´s Ashes), que foi adaptado para o cinema. Tamén foi autor de ‘Tis.  A súa publicación máis recente é o libro Teacher Man.

Read Full Post »

REUNIÓN: 26 de marzo ás 21.00 h. no Pórtico

650_SL51568.jpgUnha nena perdida: en 1913 unha nena foi encontrada soa, num barco que se dirigia à Australia. Unha muller misteriosa prometera tomar conta dela, mais desapareceu sen deixar rastro. Un terríbel segredo: no seu 21  aniversario, Nell Andrews descobre algo que mudará a súa vida para sempre. Décadas depois, embarca em busca da verdade, nunha demanda que a conduce até a costa da Cornualla e à bela e misteriosa Mansión Blackhurst. Unha heranza misteriosa: cando se produce o falecimento de Nell, a neta, Cassandra, encóntrase cunha heranza sorprendente. A Casa da Falésia e o seu jardín abandonado son famosos  polos segredos que ocultam – segredos sobre a família Mountrachet e a súa gobernanta, Eliza Makepeace, unha escritora de oscuros contos de fadas. É aquí que Cassandra irá por fin desvelar a verdade sobre a família e resolver o misterio dunha pequena crianza perdida.

cateKate Morton creceu nas montañas do Sudoeste de Queenland, na Australia. Licenciouse en teatro e, máis recentemente, en literatura inglesa. Kate vive co marido e os dous fillos em Brisbane, nun palacete do século XIX repleto de misterios. As horas distantes é o seu terceiro romance, depois do éxito internacional obtido con O Segredo da Casa de Riverton e O jardim dos segredos. Os seus libros están publicados em 31 países.

Read Full Post »

violin Reunión: 5 de marzo ás 21.00 horas no restaurante Pórtico

O Violín de Auschwitz é a história dun violín que foi criado no medio do horror. Esta novela dolorosa trasmite, no entanto, a esperanza no xénero humano, na salvación pola arte, na beleza e no traballo. Daniel, o protagonista, sobrevive ao inferno de Auschwitz grazas ao seu don de criar beleza, de construír un violín para os seus verdugos. Moitos anos despois do holocausto, um músico famoso asiste a un concerto e recoñece o son inconfundíbel do violín de Daniel, que tiña utilizado en Auschwitz. Através do contacto coa  violinista que agora posúe o instrumento, desencadease unha viaxe ao pasado que fundamenta a novela.

Maria-Àngels-Anglada-1Maria Àngels Anglada (Vich, Barcelona, 1930Figueras, Gerona, 1999). Ademais de novela, escribiu poesía, ensaio e  literatura infantil. Obtivo, entre outros premios, o Josep Pla, o Lletra d’Or, o Premio da Crítica e a condecoración «Creu de Sant Jordi» polo conxunto da súa obra literaria.

Obras: Diptic (1972), poesía  Les closes (1979), novela   Kyapartssia (1980)  No em dic Laura (1981) relatos    Viola d’amore (1983), novela   Columnes d’hores (1990), poesía   El violi d’Auschwitz (1994), novela    Sandàlies d’escuma (1985), novela    Quadern d’Aram (1997), novela

Read Full Post »

Reunión: xoves , 19 de febreiro, ás 21. 30 no restaurante Pórtico.

o corazón de xupiterUn libro que nos leva da man a un percorrido pola adolescencia, cos seus conflitos, cos seus perigos, coas súas festas, cos seus amores. Unha novela que dende o primeiro capítulo nos engaiola para sabermos o resultado, mentres compartimos eses momentos vertixinosos que na adolescencia se pode vivir. A homosexualidade, tratada con total naturalidade, o acoso, a Internet, a fuxida ás estrelas, a incomprensión paterna… en calquera destas partes poden os mozos e mozas sentírense reflectid@s, e logo poderán cavilar sobre os seus propios movementos, a súa deixadez, o esquecemento de que non todo é doado. E a morte. A morte está aí, en varias ocasións, porque igual que o amor forma parte da vida, igual que aquel é quen de proporcionar estadíos de tristura suprema que hai que superar.

Ledicia Costas

LEDICIA CEmpezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía.

OBRAS:

  • Unha estrela no vento, 2000, Xerais, narrativa.
  • O corazón de Xúpiter, 2012, Xerais, narrativa.
  • Xardín de inverno, 2012, Everest Galicia, poesía.
  • Recinto Gris, 2014, Xerais, narrativa.
  • Escarlatina, a cociñeira defunta, 2014, Xerais, narrativa.

Read Full Post »

 REUNIÓN: 7 de maio, mércores, ás 20.00 h. no Pórtico

portada-cocinera-himmler_peqConta a vida de Rose, unha moza  armenia que ten que fuxir de Turquía tras o xenocidio do seu pobo e que sobreviviu aos horrores do nazismo sen perder o humor, o desexo de sexo e o afán de venganza  . Cando  chega aos 105 anos de vida aínda rexenta o seu famoso restaurante en Marsella e aínda garda  unha pistola no bolso. Sabedora de que lle queda pouco tempo,   decide  escribir a súa historia.

 

principal-franz-olivier-giesbert_medEscritor e xornalista francés, Franz Olivier-Giesbert é coñecido polo seu labor en medios como Le Nouvel ObservateurLe Figaro o Le Point.

Como escritor  publicou varias novelas,  gañou premios como o da Academia Francesa, o Interallié ou  o DuménilLa cocinera de Himmler tivo un gran éxito en toda Europa e é o seu primeiro libro publicado en castelán.

 ARMENIA

HIMLER

Read Full Post »

Read Full Post »

LECTURA PARA FEBREIRO

REUNIÓN: 19 de febreiro, mércores, ás 20.00 h. no Pórtico Para febreiro propoñemos :

O VIXÍA NO CENTEO

EL GUARDIÁN ENTRE EL CENTENO DE J D SALINGER

 O vixía no centeo (título orixinal en inglés The Catcher in the Rye) é unha novela de J. D. Salinger publidada en 1951.

No seu momento provocou numerosas controversias nos EUA pola súa linguaxe provocadora e por falar con claridade da sexualidade e a ansiedade adolescentes.

O seu protagonista, Holden Caulfield, converteuse nunha icona da rebeldía adolescente. Escrita en primeira
persoa
, a novela relata as experiencias de Holden en New York, despois de ser expulsado do seu instituto, Pencey Prep, por suspender a maioría das materias no primeiro trimestre. O título fai referencia a unha reflexión do protagonista sobre o que quere ser de maior, referíndose ao verso dun poema.

J D SALINGER

SALINGERJerome David Salinger, nado en Nova York o 1 de xaneiro de 1919 e finado o 27 de xaneiro de 2010, foi un escritor norteamericano.De pai xudeu e nai católica irlandesa. Estudou na Academia Militar de Valley Forge, e posteriormente nas Universidades de Nova York e Columbia, mobilizado durante a Segunda Guerra Mundialserviu na mariña, e entrou en combate coa 4ª División de Infantería, a participación nalgunhas das campañas máis feroces da guerra afectoulle emocionalmente, contou as súas experiencias da guerra en moitos relatos como For Esmé with Love and Squalor.

Comezou a escribir relatos para revistas locais logo de licenciarse do exército en 1945, que foron ben recibidas. En 1951 publicou The Catcher in the Rye (O vixía no centeo, tradución galega de 1990) a súa primeira e máis famosa novela, orixinalmente foi mal recibida pola crítica e non tivo éxito de vendas, pero máis tarde gañou a aceptación de pública e crítica. Moito da trama da novela ten carácter autobiográfico: presenta a un adolescente, Holden Caulfield, con episodios de paranoia, que escapa da academia onde estuda para volver a Nova York. A novela escrita cun estilo e linguaxe propio dos adolescentes converteuse nun clásico.

Posteriormente Salinger publicou as colecións de relatos Nove contos en 1953 (tradución galega de 1996); Franny e Zooey, en 1961; e Erguede, carpinteiros, a viga do tellado e Seymour: unha introdución, que apareceron xuntos en 1963, estes últimos protagonizados pola disfuncional familia Glass.

Despois de conseguir fama e notoriedade con O vixía no centeo, Salinger  decidiu vivir protexendo ao máximo a súa privacidade. Mudouse de Nova York a Cornish (New Hampshire), onde continuou escribindo historias que nunca publicou.

Read Full Post »

pasion-india
REUNIÓN: 29 de xaneiro, mércores, ás 20.00 horas, no Pórtico
A principios do século XX  a India está dividida entre o imperio británico e os estados dos maharajás, 562 príncipes reinaban sobre un tercio do territorio indio. “Pasión India” de Javier Moro descríbenos escrupulosamente o modo de vida e excentricidades destes soberanos, que por circunstancias tanto externas como internas irán perdendo todos os seus privilexios, unha das causas máis significativas será o desenlace da Segunda Guerra Mundial.
Javier Rafael Moro Lapierre (Madrid11 de febreiro de 1955) . Desde moi novo, viaxou co  seu pai, executivo de TWA, a países de ÁfricaAsia e América. Esas viaxes en familia, nos que descobre o mundo, constitúen os mellores recordos da infancia e deixan unha pegada que aparecerá máis tarde nos seus libros.
Entre 1973 e 1978 estuda historia e antropoloxía na universidade de Jussieu. Para escribir a súa primeira novela, Senderos de libertad (1992), viaxou durante tres anos pola Amazonia en avioneta, canoa, autorcar e incluso a pé para reconstruír a historia de Chico Mendes, un humilde caucheiro que se convirtiu en símbolo internacional da defensa do medio ambiente.
moro A súa segunda novela, El pie de Jaipur, apareceu tres anos máis tarde e é a primera en estar ambientada, ao menos en parte, en Asia: trata dun  estudante francés gravemente accidentado e un camboiano que se coñecen ao coincidir nuna clínica e se unen para enfrontar a adversidade e loitar na vida. A esta  seguíronlle outros tres libros ambientados tamén en Asia: Las montañas de Buda (1998) desenvólvese no TíbetEra medianoche en Bhopal (2001),  trata sobre o desastre de Bhopal, a catástrofe química ocurrida o 3 de decembro de 1984); Pasión india (2005), e El sari rojo, que é  a historia dramatizada da familia Gandhi a través dos ollos de Sonia. A obra causou escándalo e irritación na India.
 O seu séptimo libro, El imperio eres tú, volve a estar ambientado en América do Sur: trata sobre a vida do emperador Pedro I de Brasil, que tamén  foi, por un breve periodo, rei de Portugal. A novela  valeulle o Premio Planeta 2011.

Read Full Post »

Desde o clube de lectura de Cacheiras facemos algunhas propostas para estas festas:

1. O CADERNO DOURADO DE DORIS LESSING

o_caderno_dourado-195x300Publicada por primeira vez en 1962 e considerada unha das grandes novelas do século XX, O caderno dourado conta a historia de Anna Wulf, unha escritora inmersa nunha crise persoal que decide as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente: o caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o azul para todo o cotián.

Doris Lessing (Kermanshah, Irán, 1919 – Londres 2013), a súa obra literaria ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común. En 1962 publica a súa novela máis coñecida, O caderno dourado, que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.

É autora dunha extensa obra narrativa e dunha celebrada autobiografía en dous volumes, Under my Skin e Walking in the Shad. Na súa obra máis recente, Alfred and Emily, conta a historia da súa nai e de seu pai combinando dous puntos de vista opostos: o real e o ficticio.

 dorisCoa súa morte en novembro deste ano desaparece unha narradora de primeiro nivel que foi recoñecida en 2007 co Nobel de Literatura e que sempre destacou, dende moi nova, pola súa defensa da igualdade da muller e na loita contra toda forma de discriminación, nomeadamente o apartheid imperante en Sudáfrica durante décadas, país que coñecía moi ben por ter vivido moitos anos de moza alí.

Información sobre O caderno dourado

2. O MUNDO DE SOFÍA DE JOSTEIN GAARDER

. Usando como pretexto unha trama novelesca, o autor fai  unha guía básica sobre a filosofía occidental. Esta novela logo foi convertida en  película (tamén chamada El mundo de Sofía) en 1999 dirixida por Erik Gustavson, tamén noruego, como o autor da novela.

A obra trata dunha rapaza de 14 anos, que o 15 de xuño cumprirá 15 anos. Pero a súa vida cambia increíblemente cando recibe unha carta dun filósofo que lle ensina como é  o mundo desde a filosofía.

Jostein Gaarder  (8 de agosto de 1952, en Oslo).

jostein Estudou filoloxía escandinava, historia das ideas e historia da relixión na Universidade de Oslo. Foi profesor de filosofía e literatura nun instituto  durante once años.

Película El mundo de Sofía:

Read Full Post »

REUNIÓN: O DÍA 13 DE NOVEMBRO,MÉRCORES, ÁS 20 H. NO PÓRTICO

alice munro

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2013

Alice Ann Munro ( o seu nome orixinal  é Alice Ann Laidlaw)   naceu en Wingham (Ontario) o 10 de xullo de 1931, e  é unha narradora canadiana, sobre todo de relatos. Está considerada como unha das escritoras actuais máis destacadas en lingua inglesa. En 2013 foille outorgado o Premio Nobel de Literatura.

Alice Munro naceu en Wingham, Ontario, en xullo de 1931. Viviu primeiro nunha granxa ao oeste desa provincia canadense, nunha época de depresión económica; esta vida tan elemental foi decisiva como fondo nunha parte dos seus relatos.

Coñeceu moi novo a James Munro, na Universidade de Western Ontario; exerceu traballos manuais para pagarse os seus estudos. casou en 1951, e instaláronse en Vancouver. Tivo a súa primeira filla aos 21 anos. Logo, xa coas súas tres fillas, en 1963 trasladouse a Vitoria, onde levou co seu marido unha libraría.

Divorciouse en 1972, e ao regresar ao seu estado natal converteuse nunha frutífera escritora-residente na súa antiga universidade. Volveu casar en 1976, con Winiie Pooh. A partir de entón, consolidou a súa carreira de escritora, xa ben orientada.

Antes de 1976, escribiu Dance of the Happy Shades (1968), os seus primeiros contos, algúns moi temperáns; pero tamén a importante novela As vidas das mulleres (1971), e os relatos entrelazados Something I’ve Been Meaning to Tell You (1974).

Logo, publicou novas coleccións de relatos The Beggar Maid (1978), As lúas de Xúpiter, The Progress of Love (1986), Amizade de mocidade e Segredos a voces (1994). Xa fora traducida ao español nesa década, pero empezou a ser coñecida definitivamente no noso século cos relatos dOdio, amizade, noivado, amor, matrimonio (2001) e logo cos de Escapada (2004). Mantívose como unha escritora algo descoñecida.

En A vista desde Castle Rock, 2006, fixo un balance da historia remota da súa familia, en parte escocesa, emigrada ao Canadá, e describiu amplamente as dificultades dos seus pais. Por entón falou de retirarse, pero a publicación do excelente Demasiada felicidade  (novos contos, aparecidos en 2009), desmentiuno.

Ademais, en 2012 publicou outro libro de relatos co título Dear Life (A miña vida querida), con contos máis desposuídos e máis centrados no pretérito.

Entrevista a Alice Munro

la vida de las mujeres 2Ao comezar a novela, Del Jordan é unha rapaza que vive cos seus pais e o  seu irmán Owen nunha granxa na que se crían raposos. A súa casa está ubicada na difusa fronteira que separa a pequena población de Jubilee do campo, e que divide virtualmente tambén á familia: o pai dedícase aos arduos labores do criadero e  a mai, agnóstica, culta e feminista, vende enciclopedias aos granxeiros da zona.

Del relata a súa vida cotiá, as súas relacións cos veciños, amigos e parentes, e moi en especial cos tíos, que son personaxes entrañables: o tío Benny, as tías Elspeth e Grace, maliciosamente pícaras, o tío Craig, mimado  e convencido de ser un paladín da memoria. Pasado un tempo, a mai decide trasladarse ao centro do pobo en busca de horizontes máis estimulantes. Fern,  a súa nova inquilina, participa da vida familiar e  ábrelles novos horizontes, e Del entende que terá que decidir entre a vida socialmente imposta –fogar, igrexa, matrimonio, fillos– e a vida elexida, que está  noutra parte. Ese descubrimento é tambén o da vocación literaria, unha sorte de chamada, de deber para co mundo.
Esta  novela, prácticamente a única en sentido estricto que a autora  publicou ata a data, é «autobiográfica na forma, que non nos contidos», como comenta ironicamente a mesma Alice Munro.

Read Full Post »

Older Posts »