Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Cielos de barro’

Lembrade tod@s que a vindeira reunión será este luns, 31 de xaneiro para comentar o libro de Dulce Chacón “Cielos de barro”. O lugar será coomo na anterior reunión O Canaletto, en Cacheiras.Vémonos…

Advertisements

Read Full Post »

Cómo vas esas lecturas?. Para os que aínda non rematachedes “Cielos de Barro” (e para os que sí o fixeron) deixo esta entrevista á autora, para que teñades a oportunidade de saber cómo se expresaba. Ánimo que o 31 está aquí ao lado

Read Full Post »

BIOGRAFÍA

Dulce Chacón

Dulce Chacón naceu en Zafra (Badaxoz) o 3 de xuño de 1954, no seo dunha familia tradicional, “aristócrata, de dereitas e do bando nacional”, como ela mesma contaba. Seu pai, Antonio Chacón, foi alcalde dunha pequena vila estremeña durante a ditadura. Como home ilustrado, gustaba de ler poesía en voz alta á súa familia, unha afección da que a pequena Dulce pronto se contaxiou e que a guiou xa de maneira temperá cara á literatura.

Cando ela contaba só con 12 anos de idade, seu pai morreu. A nai levou a familia a Madrid, e Dulce, xunto a súa irmá xemelga, acabou nun colexio como internada. Así foi como Chacón comezou a escribir poesía para fuxir dos traumáticos cambios que estaba vivindo. Durante a adolescencia leu a Celan, Rilke, César Vallejo e José Ángel Valente, autores todos que terán un forte peso no seu estilo persoal.

O seu primeiro libro publicado sería Querrán ponerle nombre, en 1992. Seguíronlle Las palabras de la piedra (1993) e Contra el desprestigio de la altura (1995), co que gañaría o Premio de Poesía Ciudad de Irún.

A súa primeira novela foi Algún amor que no mate, na que indaga nos problemas de parellas tras unha fachada de normalidade. Unha novela, segundo o Premio Nobel José Saramago, “dura pero necesaria”. Tras ela chegaría Blanca vuela mañana (1997) e Matadora (1998), unha biografía de Cristina Sánchez, a primeira muller toureira española.

Ese mesmo ano, tras estrea-la súa obra de teatro Segunda mano, publica a novela Háblame, musa, de aquel varón, na que aborda a intolerancia en dúas das súas formas máis comúns: a xenofobia e a violencia nas relacións de parella. Despois vería o libro de poesía Matar al ángel (1999) e Cielos de barro, una ambiciosa novela coral centrada, por vez primeira, na Estremadura da posguerra. A novela gaña o Premio Azorín 2000.

Dunha maneira natural, o tema da posguerra esténdese á súa seguinte novela, La voz dormida. Para esta, Chacón pasou case catro anos investigando, compilando, entrevistando. O resultado é a historia novelada (pero non por iso menos real) daquelas mulleres vítimas da represión franquista que poboaron a España dos anos corenta. La voz dormida gañou o Premio Libro del Año 2003, concedido polo Gremio de Libreros de Madrid.

Pero non houbo, lamentablemente, tempo para máis. En outubro de 2003 foille diagnosticado un cancro en estado avanzado. Dulce Chacón morría o 3 de decembro dese mesmo ano.

CLAVES

  • A pesar da súa familia, tradicional e conservadora, Dulce Chacón séntese moi cedo ligada ó ideario progresista. Nisto tivo certo peso o silencio familiar á hora de falar acerca da represión franquista, o que a impulsou a buscar por si mesma.
  • Con respecto á eterna pugna entre poesía da experiencia, poesía do coñecemento e poesía do silencio, opinaba que era tan só unha loita de egos, e que “un poeta debe escribir lo que le dé la gana, cuando y como le dé la gana”.
  • Implicouse profundamente na causa das mulleres que sufriron o cárcere (ou as execucións) da represión franquista. Opinaba que en España se silenciou durante demasiado tempo unha parte esencial da historia, e que por iso o rancor segue enquistado. O seu lema era ni rencor ni olvido, senón unha sa exposición de tódolos feitos dun e doutro bando.

CURIOSIDADES

  • Unha das súas máximas preocupacións era inculca-lo amor pola literatura nos novos, e non compartía en absoluto os puntos de vista pedagóxicos da escola. Opinaba que, se a un neno o obrigan a ler El Quijote con só trece anos, se crea un efecto inverso e o rapaz acaba odiando a lectura.
  • Entre os seus mellores amigos estaban José Saramago, a súa muller, a periodista Pilar del Río, e os escritores Rosa Regás e Luis Landero.
  • Cielos de barro está dedicada ó seu pai, Antonio Chacón. Presentouna ó Premio Azorín baixo o pseudónimo Hache, o mesmo que empregaba o seu proxenitor. Por certo, o título foi un regalo do novelista Julio Llamazares.
  • Ela mesma adaptou a súa novela Algún amor que no mate para a súa versión teatral, en 1997.

 

Breve descrición de Cielos de Barro

Cielos de barro

Cielos de barro arranca como unha novela de intriga, un crime múltiple e a busca do seu autor; pero é moito máis que iso. As historias que xorden na reconstrución dese tráxico suceso fálannos de paixóns sublimes e rastrexas, como o amor e o odio familiares, os enfrontamentos entre amos e servos, a paixón erótica e o ruído e a furia das guerras.

Un pastor é acusado de cometer un triple asasinato no cortijo estremeño onde os seus familiares traballaron como serventes durante xeracións. A súa única defensa será a testemuña sen fisuras do seu avó, que revelará una brutal historia de intriga, sometemento, erotismo e vinganza, da que amos e criados son á vez testemuñas e protagonistas.

Nunha época na que a Guerra Civil fixo retallos a existencia de vencedores e vencidos, o relato dun vello oleiro que non se rende á inxustiza abrirá feridas aínda sen cicatrizar e cuestionará os rexios cimentos morais da aristocracia rural española.

Galardoada co Premio Azorín de novela en 2000, Cielos de barro é unha obra apaixonante, escrita coa intelixencia propia de quen domina a difícil arte de atrapar cunha historia. Unha novela imprescindible para comprende-lo pasado dun país maltreito, que tivo de rescatarse como puido dos seus propios horrores.

Read Full Post »