Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Club da calceta’

O próximo libro que leremos no Clube sera “O Club da Calceta” de María Reimóndez. A reunión será o 4 de abril no Canaletto co horario de sempre.

Este libro foi editado por Xerais no 2006. Foi traducido ao castelán no 2008 para a editorial Algaida.

O Club da Calceta

Narra a historia de seis mulleres moi diferentes entre si que acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde tomanconciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

A historia foi adaptada para a televisión en 2009 por Antón Dobao dentro do proxecto “Un mundo de historias” en coprodución galega e catalá. O estreno foi no teatro Jofre de Ferrol, cidade onde se rodou parte da película.

Tamén conta con adaptación teatral a cargo de Teatro do Morcego e baixo a dirección de Celso Parada.

O Club da Calceta, por Teatro do Morcego

Advertisements

Read Full Post »