Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Khaled Hosseini’

Iniciamos a lectura do novo libro do Clube e novamente con Khaled Hosseini e “Mil soles espléndidos”.  A reunión para comentalo será o 14 de marzo no Canaletto ás 20:30.

Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini

 

Entrando no libro en sí, trátase da segunda obra do seu autor, publicada en castelán no 2007 pola editorial Salamandra (para @s que queiradesmercalo, hai tamén formato de bolsillo). tras o éxito de “Cometas en el cielo”, novamente Afganistán será o escenario desta obra, pero se no anterior libro o protagonismo era para a infancia, nesta ocasión será o mundo da muller o que enmarca “Mil soles espléndidos”.

Mariam, filla ilexítima dun home de negocios se cría coa súa nai nunha modesta vivenda nas aforas de Herat. Aos quince anos, a súa vida cambia drásticamente cando o seu pai a envía a Cabul a casarse con Rashid, un hosco zapaterio trinta anos maior que ela. Casi dúas décadas máis tarde, Rashid atopa nas rúas de Cabul a Laila, unha xove de quince anos sen fogar. Cando o zapateiro lle ofrece refuxio na súa casa, que deberá compartir con Mariam, entre as dúas mulleres se inicia unha relación que acabará sendo tan profunda como a de dúass irmás, tan forte como a da nai e a  filla. Pese á diferencia de idade e as distintas experiencias que a vida reservoulles, a necesidade de afrontar as terribles circunstancias que as rodean —tanto de portas adentro como na rúa, onde a violencia política asola o país—, fará que Mariam e Laila vaían forxando un vínculo indestructible que daralles a forza necesaria para superar o medo e dar cabida á esperanza.

 

Creo que poderemos sacar moito desta obra que pode complementar os libro que levamos lido. Deixo o trailer da película (sintoo pero solo o atopei en inglés)

Advertisements

Read Full Post »

Aínda que a vida da muller en Afganistán é un tema central do seguinte libro que imos ler no Clube, deixo a imaxe gañadora do World Press Photo deste ano, obra da fotógrafa suraficana Jodie Bieber, na que retrata a unha xove afgana chamada Aisha Bibi, á que lle foron amputadas as orellas e o nariz por non obedecer ao seu marido que a mantiña en condicións de escravitude. Esta foto foi portada da revista Time.

Non deixa de ser curioso, que dúas das fotos máis emblemáticas deste país  sexan de mulleres afganas. Coñecedes unha das máis famosas portadas do National Geographic?

Poderá ser un tema para o debate cando rematemos Mil soles espléndidos, non vos parece?

Read Full Post »

Cometas en el cielo

O libro que estamos a ler no Clube de cara á próxima reunión é Cometas en el cielo” de Khaled Hosseini. A obra transportanos a Afganistán dende o final da monarquía ata o presente. Narra unha historia de amizade entre dous nenos que están a crecer en Cabul. Criados no mesmo fogar e amamantados polo mesmo peito, Amir e Hassan crecen en mundos distintos: Amir é o fillo dun home rico e importante, mentres Hassan, o fillo do servente do pai de Amir, é un Hazara, membro dunha minoría étnica desprezada. As súas vidas cruzadas, reflicten a evolución do mundo que viven . Cando se produce a invasión soviética e Amir e o seu pai fuxen do país para comezar unha nova vida en California, Amir cre que tamén pode fuxir do pasado e que non levará con el a memoria de Hassan.

“Cometas en el cielo” é  unha novela sobra a amizade e o prezo da lealdade. Tamén sobre a relación de pais e fillos, e o poder das mentiras. pero tamén d escribe a riqueza e a beleza dunha terra en proceso de destrucción. pero nesa devastación, Khaled Hosseini atopa esperanza e posibilidade de redención.

Esta obra tivo un grande impacto dende a súa publicación no 2003 sendo traducido a varios idiomas. No ano 2007, o director Marc Foster levou a cabo a súa adaptación cinematográfica que foi nominada nos Globos de Ouro como mellor película de fala non inglesa e aos BAFTA tamén nas categorías de fala non inglesa e guión adaptado. Pero posiblemente, a parte máis celebrada da película corre a cargo do compositor Alberto Iglesias que foi nominado polo seu traballo tamén nos citados premios e recibiu o recoñecemento nos Oscar ao ser tamén nominado. A continuación deixo o trailer realizado para a película.

RECOMENDACIÓN: @S QUE NON LEVEDES O LIBRO BASTANTE AVANZADO AGARDADE ANTES DE VER O TRAILER…

 

Read Full Post »

Khaled Hosseini naceu  en Cabul, Afganistán, en 1965. O seu pai era diplomatico no Ministerio de Asuntos Exteriores afgano e a  súa nai ensinaba Farsi e Historia nun instituto en Cabul. En 1976, a Familia Hosseini foi destinada a París. Cando estaban preparados para retornar a Cabul en 1980, Afganistán sufriu a invasión do Exército Soviético e a familia recibiu asilo político en Estados Unidos. En Setembro de 1980, os Hosseini trasladáronse a San José, California. Khaled rematou os estudos de secundaria en 1984 e ingresou na Santa Clara University onde se graduaría en Biloxía en 1988. Ao seguinte ano entrou na University of California-San Diego’s School of Medicine, licenciándose en 1933 en Mediciña. Completou as súas prácticas como residente no Cedars-Sinai Hospital en Los Angeles e traballou como interno en prácticas entre 1996 e 2004.

Nesta etapa, Hosseini comezou a escribir a súa primeira novela,”Cometas en el Cielo” (The Kite Runner), en marzo de 2001. En 2003, The Kite Runner, publicouse covertindose nun bestseller e sendo publicada en 48 países. En 2006 foi nomeado Embaixador de Voa Vontade da ACNUR, a Axencia para os Refuxiados de Nacións Unidas. A súa segunda novela, “Mil soles espléndidos” (A Thousand Splendid Suns) publicouse en Maio de 2007. Actualmente, Mil soles espléndidos xa está publicada en 40 países. Khaled continúa traballando na axuda humanitaria a Afganistán a través  The Khaled Hosseini Foundation. A idea desta Fundación naceu nunha viaxe a Afganistán que Khaled realizou en 2007 con ACNUR. Na actualidade vive no Norte de California.

Read Full Post »

Lembrar a tod@s @s que non quedara claro, que a próxima reunión terá lugar o día 21 de febreiro, no horario habitual e novamente no Canaletto. O libro a comentar será “Cometas en el cielo” de Khaled Hosseini.

Read Full Post »