Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Marc Foster’

Cometas en el cielo

O libro que estamos a ler no Clube de cara á próxima reunión é Cometas en el cielo” de Khaled Hosseini. A obra transportanos a Afganistán dende o final da monarquía ata o presente. Narra unha historia de amizade entre dous nenos que están a crecer en Cabul. Criados no mesmo fogar e amamantados polo mesmo peito, Amir e Hassan crecen en mundos distintos: Amir é o fillo dun home rico e importante, mentres Hassan, o fillo do servente do pai de Amir, é un Hazara, membro dunha minoría étnica desprezada. As súas vidas cruzadas, reflicten a evolución do mundo que viven . Cando se produce a invasión soviética e Amir e o seu pai fuxen do país para comezar unha nova vida en California, Amir cre que tamén pode fuxir do pasado e que non levará con el a memoria de Hassan.

“Cometas en el cielo” é  unha novela sobra a amizade e o prezo da lealdade. Tamén sobre a relación de pais e fillos, e o poder das mentiras. pero tamén d escribe a riqueza e a beleza dunha terra en proceso de destrucción. pero nesa devastación, Khaled Hosseini atopa esperanza e posibilidade de redención.

Esta obra tivo un grande impacto dende a súa publicación no 2003 sendo traducido a varios idiomas. No ano 2007, o director Marc Foster levou a cabo a súa adaptación cinematográfica que foi nominada nos Globos de Ouro como mellor película de fala non inglesa e aos BAFTA tamén nas categorías de fala non inglesa e guión adaptado. Pero posiblemente, a parte máis celebrada da película corre a cargo do compositor Alberto Iglesias que foi nominado polo seu traballo tamén nos citados premios e recibiu o recoñecemento nos Oscar ao ser tamén nominado. A continuación deixo o trailer realizado para a película.

RECOMENDACIÓN: @S QUE NON LEVEDES O LIBRO BASTANTE AVANZADO AGARDADE ANTES DE VER O TRAILER…

 

Advertisements

Read Full Post »