Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘País de nube branca’

O próximo libro para o debate   no Club será  En el  país de la nube blanca de Sarah Lark. A reunión terá lugar o martes,  8  de xaneiro, no Pórtico ás 20.00 h.

el-pais-nube-blanca-sarah-lark-L-9ThSgYEn el  país de la nube blanca  narra a historia dunha saga familiar no exótico marco de Nova Zelanda.

Londres, 1852: dúas rapazas emprenden a travesía en barco cara Nova Zelanda. Para elas significa o comezo dunha nova vida como futuras esposas duns homes a quen non coñecen. Gwyneira, de orixe nobre, está prometida ao fillo dun magnate da la, mentres que Helen, institutriz de profesión, casará cun granxeiro. Ambas deberán seguir  a seu destino nunha terra á que se compara co paraíso. Pero ¿encontrarán o amor e a felicidade no outro extremo do mundo?
“En el país de la nube blanca”, é unha novela  sobre o  amor e  o odio, a confianza e a inimizade, e sobre dúas familias cun destino que está unido de forma indisoluble.

Sarah Lark

Sarah Lark traballou durante moitos años como guía turística. Pronto descubriu a súa fascinación por Nova Zelanda. As súas paisaxes asombrosas  exerceron  desde entón unha atracción case máxica sobre ela. Sarah Lark  é o  seudónimo dunha exitosa autora alemana que na actualidade vive en España. Con En el país de la nube blanca, considerado o debut máis exitoso dos últimos anos en Alemania, sorprendeu  de forma positiva á crítica e aos lectores/as.

 A segunda  novela súa foi La canción de los Maoríes. Recentemente publicou El grito de la tierra.

Advertisements

Read Full Post »