Feeds:
Artigos
Comentarios

O próximo libro sobre o que debateremos  no Club será Rosa Cándida  de Auður Ava Ólafsdóttir. A reunión terá lugar o martes, 19 de xuño, no Pórtico ás 21.30 h.

O mozo Arnljótur decide abandonar a súa  casa, o seu irmán  xemelgo autista, o seu pai octoxenario e as paisaxes crepusculares de montañas de lavas cubertas de liquens. A  súa nai acaba de ter un accidente e, ao borde da morte, aínda reúne forzas para chamar o seu fillo e darlle os últimos consellos. Un forte lazo os une: o xardín e o invernadoiro onde ela cultivaba unha estraña variedade de rosa: a rosa cándida, de oito pétalos. Nese mesmo invernadoiro onde unha noite, imprevisiblemente, Arnljótur amou a Anna, unha amiga dun amigo….

Auður Ava Ólafsdóttir (1958) é autora de Upphækkuð jörð (Terra levantada),1998, y Rigning í nóvember (Choiva de novembro), 2004, coa que obtivo o Premio de Literatura da cidade de Reykjavik, entre outros. Rosa cándida, a súa terceira novela, recibiu en 2008 o Premio Menningarverðlaun DV de literatura (o xurado destacou o seu logro «ao romper cos moldes tradicionais sen deixar de ocuparse dos conflitos filosóficos básicos»); o Premio Fjöruverðlaun especializado en literatura femenina, por «o atractivo das súas múltiples capas de significado e a súa creación dun novo paradigma masculino», o Prix des Amis du Scribe 2011, o Premio Page des Libraires 2010 e o Premio dos Libreiros de Quebec 2011 a mellor novela estranxeira. Tamén foi Finalista do Premio Fémina Étranger, do Premio de Literatura do Consello Nórdico, do Gran Premio das Lectoras de Elle, do Premio da revista Lire e do Premio FNAC de Francia. Rosa candida ocupou os primeiros postos de máis vendidos no seu país, en Francia e Canadá, e está sendo traducida en varios países.

Galegos, meus irmaos,
veño de ter coa morte.
Sen o agardar unha vez máis atopo
o ventureiro empalme coa vida.

Estou na singladura do retorno,
con ollos recuncantes na alborada,
tímpano a se tremer en libres odas,
pernas reencanadas para andar
os camiños resucitados.

Veño da morte, irmaos, e no fardel,
pouco trouxen para vós:
cicatrices de ferro nas palabras

http://clubdelecturaiesdebarro.wordpress.com/2012/04/23/17-de-maio-dia-das-letras-galegas-valentin-paz-andrade/

O próximo libro sobre o que debatiremos  no Club será  Esperando o leiteiro de Xosé Neira Vilas. A reunión terá lugar o martes, 22 de maio, no Pórtico ás 20.30 h.

A mediados do século XX, un mozo campesiño vai emigrar a Buenos Aires. Coa maleta ao lombo, camiña sete quilómetros; perdeu o coche de liña e confía en que o leve o camión que recolle o leite. Mentres agarda a chegada do leiteiro, o mozo fai un reconto da súa vida, cos seus traballos, xogos, amores, miserias e soños. Xosé Neira Vilas (Gres, 1928) escribe un intenso monólogo interior que non cesa ata que, por fin, o protagonista emprende o camiño.

  Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Bos Aires, onde desempeña traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e codirector do xornal Adiante. Participa na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, cubana. Xuntos fundan a organización libreiro-editorial “Follas Novas” para difundir o libro galego en América.

Publica en 1960 o poemario Desde lonxe e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. Nese mesmo ano, 1961, Neira e Anisia van residir a Cuba. Traballa na Administración e fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desde 1983 ata que se xubilou, desempeñou o cargo de redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria. En Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega neses e noutros países de América, e deu a coñecer diversos libros ao redor do tema. Radicouse, con Anisia (escritora e xornalista) en Gres, na aldea natal, onde preside a Fundación Cultural Xosé Neira Vilas.

Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas.

Abril: reunión o luns 30   na cafetería Betos ( Cacheiras)  ás 20. 30 h.

Libro de lectura: Tiempos de arena de Inma Chacón.

 No leito de morte, María Francisca, membro dunha nobre familia de Toledo,        clama desesperadamente por os seus fillos. A tensión é enorme. As súas tías non deixarán de preguntarse que hai  de verdade nelas.

Comeza así unha apaixonante inmersión na historia das mulleres Camp de la Cruz, Mariana, Munda e Alejandra, herdeiras dun facendado español, e das súas  irreconciliables diferencias vitais na búsqueda da felicidade. A masonería feminina, a loita pola igualdade e a tradición fronte á modernidade a finais do século xix e principios do xx son algúns dos temas que se mesturan neste relato.

Inma Chacón: é doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e profesora de Documentación. Foi decana da facultade de Comunicación e Humanidades na Universidade Europea.

Fundou e dirixiu a revista dixital Binaria: Revista de Comunicación, Cultura e Tecnoloxía, e foi directora do Doutorado en Comunicación, Auxe Tecnolóxico e Renovación Socio-cultural.


A súa primeira novela, La princesa india (Alfaguara, 2005), tivo numerosos éxitos.

Tamén  publicou os libros de poemas Alas e Urdimbres (Ellago Ediciones).

En 2007 publicou Las filipinianas (Alfaguara), e en maio de 2011 “Nick: unha historia de redes e mentiras” (La Galera) que é a  súa última novela.

Marzo: reunión o 27 de  no restaurante Pórtico  ás 20. 30 h.

Libro de lectura: Criadas e señoras de  Kathryn Stockett

Criadas e señoras é unha novela conmovedora, con grande éxito de público e crítica, na que se narran os destinos de tres mulleres nunha sociedade chea de preconceitos

Skeeter, de veintidous anos,  regresou á súa casa en Jackson, no sur de Estados Unidos, despois de terminar os seus estudos na universidade de Misisipi en 1962. A partir deste momento, a súa nai non descansará até que vexa a súa filla cunha alianza na man.

Aibileen é unha criada negra. Unha muller sabia e imponente que  criou a dezasete nenos/as brancos/as. Tras perder ao seu propio fillo, que morreu mentres os seus capataces brancos miraban para outro lado, sente que algo cambiou no seu interior. Desde este instante, céntrase na educación da nena que ten ao seu cargo, aínda que é consciente de que terminarán separándose co  tempo.

Minny, a mellor amiga de Aibileen, é baixiña, gordiña e probablemente a muller coa lingua máis longa de todo Misisipi. Cociña moi ben, pero non pode controlar as súas palabras, así que perde un  emprego tras outros. Por fin, parece encontrar o seu sitio traballando para unha familia recén chegada á cidade que aínda non coñece a súa fama.

A pesar do distintas que son entre si, estas tres mulleres acabarán uníndose para levar a cabo un proxecto clandestino que suporá un risco para todas. ¿E por que? Porque se afogan dentro dos límites que lles impón a súa cidade e o seu tempo.

  Kathryn Stockett naceu e  criouse no lugar onde transcorre  a súa  novela, Criadas e Señoras, a pequena cidade de Jackson en Misisipi. Estudiou inglés e escritura creativa na Universidade de Alabama antes de instalarse en Nova York, onde traballou no mundo da edición durante nove anos. Con Criadas e Señoras Kathryn Stockett  logrou situarse entre os/as autores/as norteamericanos/as máis cotizados/as do momento, e os/as críticos/as consideran a súa ópera prima como todo un clásico contemporáneo.

O 24 de febreiro conmemorase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro naceu  en Santiago e na súa partida de nacemento figura como «hija de padres incógnitos», puntualizándose, non obstante, que «va sin número por no haber pasado a la Inclusa».

 A súa nai, dona María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, de familia fidalga vinda a menos, tiña trinta e dous anos cando naceu Rosalía. Seu pai, don José Martínez Viojo, nacido o 7 de febreiro de 1798, acababa de cumprir trinta e nove e era sacerdote; non puido, polo tanto, recoñecer, nin lexitimar a filla, aínda que si parece que se interesou por ela e encargou do seu coidado ás súas irmás.

Foron as tías paternas de Rosalía, dona Teresa e dona María Josefa, as que se fixeron cargo da nena nos primeiros tempos, levándoa a vivir con elas, primeiro en Ortoño, na casa familiar chamada Casa do Castro, e despois en Padrón.

POEMAS DE ROSALÍA:

http://www.letrasgalegas.org/servlet/SirveObras/p285/02587296500292784199079/index.htm

http://www.letrasgalegas.org/bib_autor/rosaliadecastro/pcuartonivel.jsp?conten=obra

http://sondepoetas.blogspot.com/

 

O próximo libro sobre o que debatiremos na reunión que terá lugar o 28 de febreiro no Pórtico, ás 20.30 h será o libro de Terence Moix: El amargo don de la belleza

 El amargo don de la belleza é  unha novela de reencontros e de crepúsculos, de amor e de morte, da arte e da relixión, do efímero e do perdurable. Keftén, un pintor cretense, regresa a Exipto despois de moitos anos  no estranxeiro. Na corte do faraón Amenhotep III, amigo persoal do seu pai, Keftén criouse e medrou en compañía de tres persoas que marcaron a súa vida:  o seu amigo Senet, escriba da corte, o  príncipe Amenhotep, futuro Akenatón, e Nefertiti, concubina do faraón e co tempo esposa de Akenatón. Pero os tempos cambiaron: Keftén regresa a un Egipto convulsionado pola revolución relixiosa de Atón, o único deus permitido por Amenhotep IV, agora Akenatón, o deus do disco solar. Encontrámonos  nos últimos anos do reinado de Akenatón, a mediados do século XIV a.C. Desde o seu regreso, Keftén vivirá na Cidade do Sol os años convulsos do reinado de Akenatón, o final da XVIII Dinastía, as loitas relixiosas, o declive de Exipto como potencia militar e a desaparición dun mundo que coñeceu de pequeno nos xardíns do palacio do vello Amenhotep III.

 Son numerosos os temas que atopamos en El amargo don de la belleza e, aínda que  está ambientada nunha época moi remota podemos considerala tamén  unha novela actual, pois moitos temas da historia antiga tamén o son da historia contemporánea.

De forma resumida diremos que se trata  dunha gran novela sobre Exipto, unha estupenda novela histórica, unha maravillosa novela dramática, una intimista novela romántica, una novela crepuscular sobre unha cidade e un mundo perdidos, un canto á  beleza e á vida.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.